O Grupo Euskaltel (R, Telecable, Euskaltel) acada un acordo con Orange para usar a súa fibra en todo o Estado

O Grupo Euskaltel, formado polas cableiras R, Telecable e Euskaltel, vén de asinar un acordo con Orangesobre redes móbiles e fibra óptica que vai permtir ao Grupo poder ofrecer os seus servizos na totalidade dos fogares despregados por Orange.

Este acordo, vixente até xuño de 2024 no móbil e sen data de finalización no fixo, supón a renovación e mellora dos acordos grosistas fixos e móbiles que o Grupo Euskaltel mantiña con Orange, e permite ao grupo acceder ás redes FTTH e móbil con visibilidade a longo prazo, mantendo a estrutura dos acordos anteriores e incluíndo mellores condicións e servizos máis innovadores.

Por outra banda, o Grupo Euskaltel consegue un aforro significativo de custos polo volume, tanto en redes móbiles como fixas, a través de modelos económicos optimizados. Deste xeito, o Grupo garante para a súa clientela o acceso aos servizos móbiles no roaming estatal e, no que ten a ver co fixo, o acceso á rede de fibra FTTH de Orange en modelo de grosista na totalidade do Estado para o acceso, e o coinvestimento para futuras instalacións.

Sobre o autor

Reply