O Samsung Galaxy S11 e o Galaxy Fold 2 podería presentarse o 18 de febreiro

Ímonos aproximando ao 2020, e se ben os rumores de características xa comezaron unhas semanas, agora toca aventurarse coas datas de presentación dos que serán os principais terminais de 2020.

Non cabe dúbida de que unha das presentacións máis agardadas será a de Samsung, na que se fará oficial o Galaxy S11 (e todas as súas variantes), e tamén o novo Galaxy Fold 2, a evolución do primeiro terminal pregábel da compañía.

Todo apunta ao que o xigante surcoreano repetirá a estratexia de separar a presentación do Mobile World Congress, adiantándose uns días para dalo a coñecer o 18 de febreiro nun evento en San Francisco.

A información que temos até o de agora é que o Galaxy S11 terá tres versións, a estándar e unha versión “Plus” e outra “E”, de xeito semellante ao Galaxy S10. Por outra banda, do Galaxy Fold 2 espérase que sexa un terminal “tipo cuncha”, mais haberá que esperar a que comecen a saír as primeiras filtracións.

Sobre o autor

Reply