O Realme X50 5G será presentado o 7 de xaneiro

Tras o lanzamento do Realme 5 e Realme 5a, a compañía chinesa está a preparar o seu próximo lanzamento. Será un terminal con conectividade 5G que será presentado o próximo 7 de xaneiro. Falamos do Realme X50 5G.

O novo Realme X50 5G incorporará o procesador Qualcomm Snapdragon 765G, e contará tamén cunha versión “Lite” destinada ao público máis xuvenil, con procesador MediaTek Dimension 1000, pantalla LCD e unha soa cámara frontal.

Se falamos do terminal principal, o Realme X50 5G, sabemos que ademais do citado procesador de Qualcomm terá dobre cámara frontal e un sistema de disipación de calor de cinco dimensións. Ademais, tamén se sabe que disporá dun sistema de carga rápida VOOC 4.0, pantalla AMOLED, cámara cuádruple (dise que o principal sería o novo de Samsung de 108 Mpx ou un Sony de 64 Mpx) e admitirá conexións simultáneas 5G – WiFi.

Segundo apuntan desde o portal chinés Weibo, a presentación terá lugar en Beijing ás 14h (hora local) do 7 de xaneiro, é dicir, en paralelo á celebración das presentacións do CES de Las Vegas.

Sobre o autor

Reply