Gigaset anuncia novo terminal, o Gigaset GS290

O fabricante alemán Gigaset vén de dar a coñecer no noso país o seu smartphone GS290, un dispositivo que, malia ser un gama media, incorpora especificacións interesantes, como a carga sen fíos, o recoñecemento facial ou o NFC para poder facer pagos móbiles.

O trebello conta cunha pantalla de 6,3 polgadas con resolución FullHD+ e cella en forma de V. No seu interior alberga o procesador MediaTek P23 de oito núcleos, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, que se poden ampliar en 256 GB adicionais a través de tarxetas microSD.

A súa batería é de 4.700 mAh, unha capacidade bastante interesante para un terminal da súa gama. Porén, o que máis destaca é que esta pode cargarse por inducción, xa que soporta a carga sen fíos. Dispón tamén de chip NFC para poder facer pagos co teléfono móbil, unha característica cada vez máis demandada polas usuarias.

En canto á fotografía, dispón de dobre cámara traseira (16 + 2 Mpx) con optimización ArcSoft, que mellora por software o efecto bokek e modo HDR. Do outro lado, na cámara frontal temos outra cámara de 16 Mpx.

Dispoñibilidade e prezo

O dispositivo está xa á venda, tanto en tendas físicas como online, por 269 euros. Pódese mercar en gris titán e branco perla.

Sobre o autor

Reply