Novos datos do Samsung Galaxy Z Flip

Conforme se vai achegando o 11 de febreiro, día para o que Samsung ten organizado o seu evento Galaxy Unpacked, imos coñecendo máis datos sobre os novos dispositivos Galaxy, a serie Galaxy S20 e tamén o novo modelo pregábel, o Galaxy Z Flip.

Malia o que puidera esperarse, o novo terminal non vai ser dos máis potentes da compañía, co obxectivo de reducir o prezo, a diferenza do que pasou co anterior móbil pregábel da compañía, o Galaxy Fold. Iso si, seguirá sendo un modelo potente.

O dispositivo incorporará o procesador Qualcomm Snapdragon 855+, unha versión mellorada do 855 presentada a mediados de 2019. Disporá de dúas cámaras traseiras de 12 megapíxeles, un sensor wide e un ultrawide, e tamén de carga rápida de 15W, con posibilidade de carga sen físo e carga inversas.

A diferenza dos últimos modelos da firma surcoreana, o novo smartphone de Samsung non levará o sensor de pegadas dixitais baixo a pantalla, senón colocado nun lateral. Tamén terá unha pequena pantalla na parte externa para poder ver a hora e as notificacións.

Aínda que é cedo para falar de prezos, algunhas informacións afirman que rondará os 1500 euros.

Sobre o autor

Reply