As chamadas VoWiFi chegan aos móbiles Realme

A marca chinesa Realme vén de anunciar a incorporación dunha nova característica en todo o seu catálogo de móbiles a través dunha actualización: as chamadas VoWiFi.

Trátase dunha característica que vén a ser o equivalente á VoLTE (voz sobre LTE / 4G), pero sobre WiFi, é dicir, as chamadas sobre unha rede WiFi, e permite realizar chamadas de voz empregando a rede WiFi. Grazas a isto, se por exemplo nos atopamos no Xapón – un país no que non hai acordos de roaming económicos – unha usuaria podería facer unha chamada de voz “estándar” conectada a unha rede WiFi local coa mesma tarifa que empregue estando no Estado español.

As usuarias de móbiles Realme axiña poderán disfrutar tamén desta funcionalidade, xa que a compañía vén de ofrecer tres prazos para dar ese soporte a chamadas sobre WiFi, que son os seguintes:

  • Xaneiro: Realme X2 Pro.
  • Febreiro: Realme X2, XT, X, 5 Pro, 4 Pro, 5, 5i e 5s.
  • Marzo: Realme C2, 2, C1, 1, U1, 2 Pro, 3, 3i.

Na actualidade só Orange ofrece o servizo de VoWiFi á súa clientela, e en canto ao resto de fabricantes cabe sinalar que case todos os terminais Samsung, LG, Sony e Huawei contan con ela.

Sobre o autor

Reply