Samsung leva o 5G á súa tablet Galaxy Tab S6 5G

Cando falamos de dispositivos 5G adoitamos pensar en smartphones e obxectos, mais Samsung vén de engadir esta nova tecnoloxía de conexión a unha tablet, a nova Samsung Galaxy Tab S6 5G. Trátase, como evidencia o seu nome, dunha versión da Tab S6 que xa coñeciamos á que se lle engade esta nova conexión.

Esta nova tablet conta cunha pantalla Super AMOLED de 10,5 polgadas con resolución WQXGA e sensor de pegadas dixitais integrado. No seu interior alberga un procesador de oito núcleos até 2,8 GHz fabricado en 7 mm, con 6 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna, ampliábeis até 1 TB por microSD.

Dispón de dobre cámara traseira, formada por sensores de 13 e 5 megapíxeles, e unha frontal de 8 Mpx. En canto, ao son, e como vén sendo habitual nas tablets da marca, temos catro altofalantes firmados por AKG, con son Dolby e dobre micrófono para mellor a comunicación.

No apartado da conectividade destaca por unha banda a WiFi ac MIMO (bandas 2,4 e 5 GHz) e, pola outra, o que fai notoria esta tablet: conectividade móbil 5G. Por suposto, tamén leva Bluetooth 5.0 e catro sistemas satélite para ubicación (GPS, Glonass, Beudi e Galileo).

A súa batería fica nos 7030 mAh de capacidade, con carga rápida, e o sistema operativo que trae de fábrica é Android 9 Pie con One UI.

Dispoñibilidade e prezo

A nova tablet de Samsung foi presentada en Corea do Sur, onde vai comercializarse por uns 750 euros ao cambio. Polo de agora o fabricante non confirmou nin datas nin prezos da súa comercialización noutros países.

Sobre o autor

Reply