Motorola G Stylus, o “Galaxy Note” de Lenovo

Hai algúns meses comezaron os ruxe-ruxe que apuntaban a que Lenovo estaba a traballar nun smartphone con stylus baixo a súa marca Motorola, unha tendencia que iniciou – e mantén – con éxito Samsung na serie Galaxy Note, hoxe en día sen competencia no segmento.

Estres rumores adquiren agora máis forza ao filtrarse imaxes do novo dispositivo, que trebello de gama media que tería como principal atractivo e elemento diferencial a presenza do stylus, e mostra diso é que tamén o software foi adaptado para recoñecelo, tal e como se pode ver na imaxe inferior.

En canto ás súas prestacións, o novo modelo de Motorola levaría un procesador Qualcomm Snapdragon 665, acompañado de 4 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna. No apartado fotográfico teríamos catro cámaras traseiras, de momento sen máis información sobre elas.

Polo de agora a marca nin confirma nin desminte a información sobre este modelo, mais o certo é que todo apunta a que será o Mobile World Congress, que se celebra a finais do mes de febreiro en Barcelona, o momento no que se dará a coñecer de maneira oficial, e no que poderemos saber que podemos facer con el.

Sobre o autor

Reply