Orange lanza as novas tarifas converxentes con datos ilimitados

A operadora Orange vén de anunciar as súas propostas con datos ilimitados, unhas tarifas que entrarán en vigor a partir do próximo luns, 10 de febreiro, e que multiplicarán as opcións á súa clientela, xa que poderán esquecerse dos límites de navegación.

A diferenza da opción de Vodafone, Oragne ofrece tarifas sen límites e a máxima velocidade, aínda que con algún asterisco, xa que a calidade do streaming variará dependendo da opción elixida.

As primeiras usuarias en poder disfrutar destas novas tarifas serán as persoas xa clientas residenciais que teñan contratadas as opcións Love Intenso, Intenso Max, Experto e Experto Max, vendo actualizados de forma automática os bonos de datos, sen incremento de prezo, o que supón que preto dun millón de usuarias terán datos ilimitados.

En canto ás tarifas con datos ilimitados de Orange, quedarían do seguinte xeito:

  • Love Ilimitado Max. Bono de datos ilimitados a máxima velocidade, fibra simétrica de 100 Mbps con chamadas, unha liña de móbil con chamadas ilimitadas, Netflix e Amazon Prime por 78,95 €. Neste caso, a reprodución de streaming é en calidade HD, e engade 30 GB adicionais para tethering e 22 GB para roaming en zona 1 (UE, Islandia, Liechtenstein e Noruega).
  • Love Ilimitado Premium Max. Bono de datos ilimitados a máxima velocidade, fibra simétrica de 600 Mbps con chamadas, unha liña de móbil con chamadas ilimitadas, Netflix e Amazon Prime por 91,95 €. Neste caso, a reprodución de streaming é en calidade 4K, e engade 80 GB adicionais para tethering e 23 GB para roaming en zona 1 (UE, Islandia, Liechtenstein e Noruega).
  • As tarifas Ilimitado e Ilimitado Premium contan coas mesmas características que as anteriores, pero excluíndo a oferta de Netflix, polo que o seu prezo baixa até os 74,95 €/mes e 87,95 €/mes, respectivamente.

Todas estas tarifas permiten engadir de datos ilimitados para toda a familia, xa que se poden engadir liñas adicionais con voz e datos ilimitados por 15,95 €/mes.

As novas clientas tamén poderán disfrutar das novas tarifas, coa vantaxe engadida dun 50% de desconto na tarifa durante 3 meses.

Con esta proposta a operadora Orange súmase a Vodafone, principal operador con opcións de datos ilimitados, e Yoigo, que conta cunha tarifa infinitiva no segmento converxente.

Sobre o autor

Reply