A GSMA cancela o Mobile World Congress

O aluvión de baixas entre as empresas que participaban no Mobile World Congress acabou por provocar o que parecía inevitábel: que a GSMA se vise obrigada a cancelar o Mobile World Congress 2020 polo coronavirus, o COVID-19. A decisión tomouse logo de varios días nos que a GSMA anunciou que tomaba diversas medidas de seguridade e hixiene adicionais como prevención, mais nun espazo pechado no que durante catro días conviven milleiros de persoas de todo o mundo semella un tanto imposíbel.

As consecuencias desta cancelación non han ser poucas, e seguramente até dentro duns meses non cheguemos a coñecer a meirande parte delas, mais o que é certo é que a cancelación do MWC vai traer moita cola, e seguramente acabe por ser un antes e un despois na historia da feira.

Futuras presentacións

Malia que moitas das presentacións que se viñan facendo até o de agora eran en Barcelona de maneira paralela ao Mobile World Congress, mais asegurando o empuxe mediático da feira, a cancelación do evento deixa no aire como se van a levar a cabo .

Algúns fabricantes xa tiñan optado por adiantarse á feira, como fixo Samsung cos seus Galaxy S20, para chegar con todo o seu arsenal ás zonas de exposición, mentres que outros veranse obrigados a realizar eventos en streaming.

Sobre o autor

Reply