Catro cámaras para a gama media no novo Huawei P40 Lite

Huawei vén de comezar a desvelar os compoñentes da súa serie P para este 2020 co lanzamento do Huawei P40 Lite, a versión máis sinxela e máis económica da serie. Trátase dun novo dispositivo baseado en Android con EMUI, sen os servizos de Google, que destaca polas súas catro cámaras traseiras.

Especificacións

O Huawei P40 Lite leva unha pantalla IPS LCD de 6,4 polgadas, con resolución FullHD+ (2310 x 1080 píxeles), ratio 19,5:9 e perforación para a cámara frontal. No seu interior aposta por un procesador de fabricación propia, o Kirin 810 de 7 nanómetros, que chega acompañado de 6 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna, que poderemos ampliar coas tarxetas nanocard de Huawei.

A súa batería sitúase nos 4200 mAh de capacidade, con carga superrápida de 40W, Leva USB-C, Bluetooth 5.0, jack de auriculares de 3.5 mm e sensor de pegadas dixitais, aínda que non NFC para poder facer pagos móbiles.

Malia todo, o que sen dúbida chama a atención deste trebello é o aspecto fotográfico, ao que Huawei implementou a súa solución de catro cámaras traseiras. Trátase dunha combinación dun sensor principal de 48 Mpx con f/1.8 ao que se suma un gran angular de 8 Mpx, un macro de 2 Mpx e outro bokeh de 2 Mpx.

Do outro lado, na cámara frontal temos un sensor de 16 megapíxeles con f/.20, que como xa comentamos anteriormente, vai incrustado na pantalla perforada. Por suposto, tanto esta cámara como a posterior leva implementación software de Intelixencia Artificial.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Huawei P40 Lite chegará poderas mercar en tres cores: Midnight Black (negro), Sakura Pink (rosa) e Crush Green (verde), o rosa cun efecto degradado.

Sairá á venda oficialmente o 16 de marzo, aínda que haberá un período de pre-compra desde o 2 de marzo, co beneficio de que virán cuns auriculares sen fíos Freebuds 3 (valorados en 179 €) e un protector de pantalla de agasallo.

O seu prezo será de 299 euros.

Sobre o autor

Reply