Todos os detalles do realme X50 Pro 5G

realme era unha das marcas que este ano participaría por primeira vez no Mobile World Congress, mais a cancelación do evento fixo que tivese que anunciar o seu novo buque insignia de maneira máis discreta. Falamos do realme X50 Pro 5G.

O dispositivo é un trebello de gama alta, que ten tres principais atractivos para posicionarse fronte á competencia. O primeiro, como indica o seu nome, a conectividade 5G, coa que poderemos conectarnos ás redes máis rápidas que temos dispoñíbeis na actualidade. Pero ademais temos unha pantalla con taxa de refresco de 90 Hz e o procesador Qualcomm Snapdragon 865, o máis avanzado de Qualcomm.

Especificacións

O realme X50 Pro 5G leva unha pantalla Super AMOLED de 6,44 polgadas, con resolución FullHD+ (2400 x 1800), taxa de refresco de 90 Hz, compatibilidade con HDR10+ e protección Corning Gorilla Glass 5.

No seu interior, como xa avanzamos, leva o procesador Qualcomm Snapdragon 865, fabricado en 7 nanómetros e cunha velocidade de reloxo máxima de 2.84 GHz. Está acompañado de 8 ou 12 GB de RAM e 128 ou 256 GB de memoria interna.

Dispón dunha cámara cuádruple na parte traseira do dispositivo, formada pola combinación dun sensor ultra angular de 8 Mpx e f/2.3, un angular de 64 Mpx con f/1.8 e zoom híbrido 20x, un telefono de 12 Mpx con f/2.5 e unha lente b/n para retratos con f/2.4.

Na parte de diante dispón dunha cámara dobre, neste caso unha cámara principal de 32 Mpx con f/2.5 acompañada dunha ultra gran angular de 8 Mpx con f/2.2.

A súa batería é de 4200 mAh de capacidade, con carga rápida de 65 W e conector USB-C. Tamén dispón de lector de pegadas dixitais baixo a pantalla, Bluetooth 5.1, GPS dual, conector minijack de 3.5 mm e Android 10 coa personalización realme UI.

Dispoñibilidade e prezo

O novo realme X50 Pro 5G sitúase entre os 599 e os 749 euros, dependendo da versión. En concreto, os seus prezos serán os seguintes:

  • realme X50 Pro 5G 8/128GB : 599 €
  • realme X50 Pro 5G 8/256 GB: 669 €
  • realme X50 Pro 5G: 12/256GB: 749 €

Porase á venda no mes de abril en dúas cores, vermello e verde.

Sobre o autor

No Responses

Reply