Fleets, as stories tamén chegan a Twitter

Xa vai moito tempo desde que as publicacións temporais que popularizou Snapchat fosen integrándose noutras aplicacións sociais. Primeiro foi Instagram quen se inspirou na citada rede social para crear as súas Stories, que logo irían aparecendo noutras apps como Facebook, WhatsApp, LinkedIn e varias das que se empregan para o ligoteo.

A próxima aplicación masiva que integrará esta funcionalidade é Twitter, que vén de dar a coñecer Fleets, o nome que lle dá a esta opción. Foi anunciada polo director de produto de Twitter, Kayvon Beykpour, informando sobre o inicio das probas tun tipo de tweet temporal que desaparece ás 24 horas de ser publicado.

No seguinte vídeo pode verse como funciona

Polo de agora esta funcionalidade está dispoñíbel para un grupo de usuarias de Brasil, mais é máis que probábel que se funciona vaia chegando ao resto de países de forma paulatina.

Sobre o autor

Reply