Notábel baixada de prezo nas tarifas ilimitadas de Vodafone

A operadora Vodafone, unha das primeiras en ofrecer tarifas con datos ilimitados e a primeira en facelo empregado redes 5G, vén de anunciar novidades nas súas tarifas con datos infitinitos, rebaixando até 8 euros ao mes os seus plans.

A compañía continúa a ofrecer tres tarifas ilimitadas, que se distinguen pola velocidade máxima de acceso. Todas elas reducen a súa cota, que queda como segue:

  • Ilimitada. É a máis básica, e ofrece datos ilimitados a 2 Mbps por 32,99 €/mes (inicialmente 40,99 €/mes).
  • Ilimitada Maxi. É un novo plan que substitúe á Ilimitada Súper, e ofrece por 36,99 €/mes (antes 45,99 €/mes) navegación a 10 Mbps.
  • Ilimitada Total. Non ten límites de datos nin velocidade, e custa 49,99 €/mes.

Aquelas usuarias que contraten estes plans como segundas liñas, tanto en plans converxentes como en plans só móbil, verán tamén reducida a súa cota, quedando nos 18,15 €/mes na Ilimitada Maxi e 25 €/mes na Ilimitada Total.

Televisión para o móbil

Ademais destas novidades, a tarifa Ilimitada Total inclúe sen custe o pack Seriefans (valorado en 10 €/mes) de Vodafone TV durante un ano, tanto para novas altas como para clientes que contraten o pack en promoción.

Este pack permite disfrutar no móbil e outros dispositivos conectados (SmartTV, Chromecast, tablets, smartphones ou PCs) de todas as series de HBO España, FOXNOW, AXN Now, e todas as canles especialistas en series, como FOX, AXN, TNT, SYFY, Calle 13 e AXN White.

Aquelas persoas que o prefiran poderán escoller, en lugar de Seriefans, un desconto de 10 €/mes sobre a cota dos packs Serielovers (valorado en 14 €/mes) ou Cinefans (valorado en 12 €/mes), que quedarían en 4 e 2 €/mes, respectivamente, durante un ano.

É importante sinalar que todos os paquetes inclúen, ademais das canles da TDT, as canles e contidos baixo demanda de AMC, FOX Life, Cosmo, Comedy Central, XTRM, TCM, Sundance TV, Eurosport 1, National Geographic, National Geographic+, Canal Cocina, Decasa, MTV, MyMTV, Music, Sol Música e HIT TV.

Sobre o autor

Reply