O Nokia 5.3 xa se pode mercar no noso país

Nokia vén de anunciar a dispoñibilidade no noso país dun dos sus modelos de gama media para este 2020, o Nokia 5.3. Trátase dun trebello que foi anunciado durante a primavera, e que chega cunhas características ben equilibradas, entre as que destaca a súa cámara cuádruple traseira e a súa batería.

O dispositivo incorpora unha pantalla de 6,55 polgadas con forma de “pinga” na parte superior, calidade HD+ e formato 20:9, e como xa adiantamos, leva unha cámara cuádruple na parte traseira formada por un sensor princiapl de 13 Mpx, acompañado dun gran angular de 5 Mpx, un sensor macro de 2 Mpx e un sensor de profundidade de 2 Mpx. Na parte frontal temos un sensor de 8 Mpx.

A súa batería é de 4000 mAh de capacidade, e o procesador un Qualcomm Snapdragon 655 (4 x 2 GHz + 4 x 1,8 GHz). Leva 4 GB de RAM e 64 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 512 GB. O seu sistema operativo é Android 10, sen personalizacións.

Dispoñibilidade e prezo

O Nokia 5.3 xa está dispoñíbel no noso país en dúas cores, cián e carbón, cun prezo de 219 euros. Pódese adquirir a través de establecementos como Media Markt, Amazon e outras cadeas.

Sobre o autor

Reply