Samsung ensina o Galaxy Note20 dous meses antes da súa presentación

Foi un erro ou algo intencionado? Sexa como fór, Samsung amosou o próximo terminal de gama alta na súa páxina web. Falamos, como non, do Samsung Galaxy Note20, un trebello que podería chegar con até catro variantes diferentes.

Durante as últimas semanas filtráronse datos sobre algunhas das súas características técnicas e mesmo como podería ser o seu deseño, mais agora foi a propia web de Samsung (en concreto, a rusa), a que deixou ver algunhas imaxes, iso si, na ficha do Note 8.

As dúas imaxes non resultan sorprendentes en deseño, pois basicamente adoptan un módulo de cámara moi semellante ao que integra a familia Galaxy S20, mais si que destaca pola súa cor bronce, un ton aparentemente máis elegante que os clásicos “dourados” que se puxeron de moda hai uns anos.

Como non podía ser de outro xeito, acompaña ao terminal o seu S-Pen, o lapis que fai única a unha das sagas máis icónicas de Samsung.

Haberá que agardar a setembro, mes no que Sasmung ten previsto celebrar un evento no que previsibelmente veremos este dispositivo e, seguramente, tamén novos modelos de reloxo.

Sobre o autor

Reply