Honor Choice True Wireless, novos auriculares sen fíos económicos

Honor, a segunda marca do xigante chinés Huawei, vén de presentar os seus novos auriculares sen fíos, que estarán dispoñíbeis para mercar no mercado europeo. Falamos dos novos Honor Chice True Wireless Earbuds.

O dispositivo veñen equipados con controladores de 7 mm, que en palabras da propia marca “garanten unha experiencia de escoita inmersiva”, grazas a un sistema no que se aposta por potenciar os sons máis graves.

A súa autonomía é dunha seis horas de uso, aínda que o estuche – que funciona de cargador – ofrece outras dezaoito horas adicionais, completando un total de 24 horas de escoita sen pasar polo enchufe.

Outro dos aspectos que destaca deste modelo de auriculares é o seu sistema de cancelación de ruído. Para iso, os trebellos integra un total de catro micrófonos con sistema de procesamento dixital do sinal, que conseguen separar a voz do son ambiente para mellorar a calidade nas chamadas.

Dispoñibilidade e prezo

Os Honor Choice True Wireless Earbuds chegarán proximamente ao noso país por 34,90 euros, un prezo moi accesíbel para este tipo de dispositivos. Son compatíbeis tanto con Android como con iOS.

Sobre o autor

Reply