TCL lanza o Alcatel 1SE (2020)

TCL, o fabricante chinés detrás de varias marcas de smartphones, vén de lanzar no noso país o Alcaltel 1SE (2020), un dispositivo básico destinado ás persoas que non queren gastar moito nos seus dispositivos, mais que ao tempo non prescinde de cuestións como a pantalla grande ou a triple cámara.

O dispositivo integra un panel de 6,22 polgadas con formato 19:9, curvatura 2.5D e resolución HD+; no seu interior leva un procesador octa core, xunto coa combinación de 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna ou 4 GB de RAM con 64 GB de interna.

No apartado fotográfico, destaca a presenza da triple cámara traseira, formada por un sensor principal de 13 megapíxeles que vén acompañada dun super gran angular de 5 megapíxeles e unha lente de profundidade de 2 megapíxeles.

Ademais, a cámara vén con intelixencia artificial e recoñecemento de escenas, capaz de detectar automaticamente entre 12 escenarios diferentes, o que axuda a sacar mellores fotos ás usuarias menos experimentadas.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Alcaltel 1SE 2020 chegará ás tendas do noso país ao longo do mes de xullo, por 109,90 euros a versión de 3 + 32 GB ou por 129,99 a opción con 4 + 64 GB, uns prezos moi competitivos para ese segmento de dispositivos.

Sobre o autor

Reply