Google amosa por erro o Pixel 4a na súa tenda oficial

Logo de varios meses de filtracións que foron chegando a pingas, Google vén de desvelar por erro a primeira imaxe oficial do Pixel 4A a través da súa propia tenda oficial.

O erro produciuse na páxina da Google Store de Canada, que de maneira accidental amosou nunha imaxe promocional do Nest WiFi xunto co Pixel 4a. Malia que desde Google actuaron rápido, e o erro durou apenas uns minutos, houbo quen foi quen de facerse coa imaxe.

Nas últimas semanas tamén foron filtrándose aos poucos as súas características técnicas, aínda que de maneira oficiosa. Delas podemos adiantar que se trata dun modelo de gama media con pantalla OLED de 5,81 polgadas sen marcos e cun burato para albergar a cámara frontal.

En canto ao resto de especificacións, destaca a presenza dun procesador Qualcomm Snapdragon 730, que vén acompañado de 6 GB de RAM, opcións de 64 ou 128 GB de memoria interna, carga sen fíos, lector de pegadas dixitais (traseiro) e unha cámara única na parte de atrás. En canto ao seu prezo, rondaría os 449 – 399 euros.

Sobre o autor

Reply