O novo cristal Gorilla Glass Victus resiste caídas de dous metros

Unha das maiores preocupacións das usuarias respecto aos seus smartphones son as caídas, xa que o arranxo dunha rotura de pantalla pode supór un desembolso dunha cantidade grande de cartos, e mesmo chegar a ser máis rentábel facerse cun novo dispositivo.

Por esa razón tecnoloxías como Gorilla Glass son imprescindíbeis para aumentar a durabilidade dos nosos trebellos. Agora vense de presentar a nova versión deste cristal endurecido, que deixa atrás as numeracións (tocaría o 7) para adquirir o nome de Gorilla Glass Victus.

Este novo cristal vai desde os 0,4 mm aos 1,2 mm, dependendo da necesidade de cada dispositivo completo, xa que non é o mesmo unha pantalla dun smartphone á dun portátil, nin tampouco a resistencia que precisa un smartphone estándar ao que leva un modelo robustecido.

O principal titular é que un dispositivo equipado con Gorilla Glass Victus pode resistir caídas de até dous metros de altitude, corenta centímetros máis do que permitía Gorilla Glass 6. Ademais, aguanta até catro veces máis rabuñadas que a competencia, e grazas á súa plasticidade soporta maiores níveis de compresión.

Os principais modelos chamados a incorporar esta tecnoloxía son terminais de gama alta, e segundo parece será a familia Samsung Galaxy Note20, cuxa presentación está programada para o 5 de agosto, a primeira en integrala.

Máis información | Gorilla Glass

Sobre o autor

No Responses

Reply