Fibra simétrica de 600 Mbps por 32 €/mes, a oferta de Vodafone Yu para o estudantado

Vodafone vén de anunciar a súa promoción destinada ao estudantado, que consiste en ofrecer a fibra de 600 Mbps a prezo de 300 Mbps, é dicir, por só 32 euros ao mes e de maneira indefinida.

Esta opción está dispoñíbel para novas altas, que se fagan clientas entre o 6 de agosto e o 31 de outubro deste ano, ambos incluídos, e non ten permanencia nin cota de instalación se o servizo é autoinstalábel. Nos casos nos que sexa preciso que acuda persoal técnico a realizaar a instalación será preciso abonar 70 euros.

Para oferta combinada de fibra e móbil, a compañía ofrece as seguintes tarifas:

  • 600 Mbps + móbil (15 GB + ilimitadas): 45 €/mes.
  • 600 Mbps + móbil (25 GB + ilimitadas): 50 €/mes.

Para só móbil, ofrece as tarifas equivalentes aos produtos combinados, pero sen servizo fixo. Nese caso, a opción de 15 GB custa 15 €/mes, mentres que a de 25 GB sube até os 20 €/mes.

En todos os casos, Vodafone ofrece navegación ilimitada en redes sociais e navegación 5G aló onde esté dispoñíbel.

Sobre o autor

Reply