A aplicación Radar COVID xa está lista para funcionar, pero aínda haberá que esperar a setembro

A aplicación Radar COVID, desenrolada polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital do Goberno do Estado, xa está lista para funcionar, logo duns meses en probas nun programa piloto en La Gomera.

A aplicación parte da unión da unión de Google e Apple para crear unha API común para Android e iOS que permitise achegar aos diferentes gobernos unha ferramenta estandarizada para tratar de controlar a pandemia da COVID-19.

Malia que xa podemos descargar, instalar e configurar desde esta ligazón, aínda é preciso esperar a que se implemente nos diferentes sistema de saúde para que, no caso de que notifiquemos o noso positivo poida alertarse ás persoas que estiveron en contacto con nós. Isto fai que as previsións apunten a mediados de setembro para ter completado todo o proceso.

Radar COVID é unha aplicación moi sinxela, que non precisa un rexistro de usuario. O único que se pide ao configurala é acceso ao Bluetooth, para permitir intercambiar información cos dispositivos das persoas que temos preto.

Así mesmo, dispón dunha opción para confirmar o noso positivo, de maneira que se o notificamos activará o sistema para alertar ás persoas que estiveron en contacto con nós – iso si, sen facilitar información de cando e con quen se produciu o contaxio – para que poidan tomar as precaucións oportunas.

Sobre o autor

Reply