R apúntase aos xigas ilimitados

Cada vez son máis as operadoras que se suman a ofrecer tarifas con datos ilimitados, especialmente cando falamos de combinados fixo – móbil. Tras adiantarse coa súa nova marca Virgin Telco, o resto de marcas do grupo Euskaltel apúntanse a esta oferta, polo que as usuarias de R, Telecable e Euskaltel xa poden contratar estes servizos.

No caso de R, o novo Combo 500 ocio sen fin ofrece un todo nun que inclúe fibra 500 / 50 Mbps, móbil con chamadas e GB ilimitados, o paquete TV Ocio co deco Android 4K e unha liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos, 100 minutos a móbiles de luns a venres e 7000 durante a fin de semana. Todo por 77 euros ao mes, aínda que as novas altas disfrutarán dun prezo reducido de 45,90 €/mes durante 3 meses.

Para clientes de só móbil, as usuarias de R poden optar tamén por unha opción con chamadas e datos ilimitados por 40 euros ao mes. Desta maneira, o porftolio de só móbil queda de R queda do seguinte xeito:

  • 5 GB + ilimitadas: 15 €/mes
  • 15 GB + ilimitadas: 20 €/mes
  • 30 GB + ilimitadas: 30 €/mes
  • GB ilimitados + ilimitadas: 40 €/mes

Se contratamos máis dunha liña móbil, as adicionais custarán 10 €/mes, 15,90 €/mes, 19,90 €/mes e 35 €/mes para as opcións de 5, 15, 30 ou GB ilimitados, respectivamente.

Sobre o autor

Reply