O realme C11 chega ao noso país por 99 euros e con pulseira de regalo

Atrás quedaron as épocas nas que os teléfonos máis económicos eran dipositivos que desesperaban até ás usuarias que menos lle piden aos seus trebellos. A dura competencia, sobre todo entre as marcas chinesas (Xiaomi, Huawei…) por sumar neste segmento de produto, fai que na actualidade teñamos trebellos interesantes, dentro das súas limitacións.

A marca realme, que nos últimos meses foi despregando o seu portfolio de terminais no noso país, vén de lanzar un novo modelo desta gama, o realme C11, un dispositivo económico con prestacións bastante interesantes.

O dispositivo integra unha pantalla de 6,5 polgadas con proporción 20:9 e unha batería de 5000 mAh como principais reclamos, e no seu interior alberga un procesador MediaTek Helio G35, xunto con 2 GB de RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis por tarxeta microSD. Dispón de espazo para dúas tarxetas SIM, ademais dunha terceira bandexa para a tarxeta microSD.

A súa cámara traseira é dobre de 13 Mpx, con efecto bokeh a nível hardware e modo noite, para mellorar as imaxes cando falta a luz. En canto ao software, vén con Android 10, persoanlizado coa capa proia da compañía.

Dispoñibilidade e prezo

Como avanzamos, o dispositivo pódese atopar nunha única configuración de 2 + 32 GB de capacidade por 99 €, e se pode mercar en realme.com, Amazon, MediaMarkt, PcComponentes, Fnac, Carrefour, Eroski e AliExpress, entre outros.

Como ofertas especiais de lanzamento, até o día 10 de setembro en realme.com, mercando un realme C11 pódense adquirir os realme Buds 2 por 9,99 € (no canto de 19,99 €), un uns realme Buds Wireless por 19,99 € (no canto de 39,99 €).

Por outra banda, até este venres 28 de agosto ás 10.30h, mercando un realme C11 pódese conseguir unha realme band de balde en realme.com, Amazon, AliExpress e PcComponentes.

Sobre o autor

Reply