O LG Wing, con dúas pantallas, xa é oficial

Hai uns días falámosvos con moita precaución do LG Wing, un teléfono que tiña máis pinta de prototipo que de produto final, pero que agora vén de ser presentado de forma oficial.

Trátase dun terminal de LG que destaca por ter dúas pantallas, algo que non é a primeira vez que vemos no mercado, pero que desde logo no ndo xeito que se empregan neste modelo. E é que LG aposta por dúas pantallas superpostas que permiten facer unha cruz, como podedes ver nas imaxes.

Desde a compañía surcoreana comentan varios casos de uso cos que poder sacarlle partido a este dispositivo, como o visionado dunha película ou vídeo multimedia ao tempo que se chatea, ou o acceso a mapas ao tempo que se teñen activos os controis multimedia para a reprodución de música.

Especificacións técnicas

O LG Wing inclúe unha pantalla principal de 6,8 polgadas, fabricada con tecnoloxía P-OLED, resolución FullHD+ (2460 x 1080 píxeles) e relación de aspecto 20,5:9. A pantalla secundaria é un panel de 3,9 polgadas con relación de aspecto 1,15:1 e resolución 1250 x 1080 píxeles.

No seu itnerior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 765G, xunto con 8 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna, mentres que a súa batería sitúase nos 4000 mAh de capacidade.

No aspecto fotográfico, temos un sensor traseiro triple, formado por unha cámara principal de 64 Mpx, que vén acompañada por un sensor gran angular de 12 Mpx e un ultra gran angular de 13 Mpx. Do outro lado, para a cámara frontal LG apostou por unha cámara retráctil motorizada de 32 Mpx.

Dispoñibilidade e prezo

Segundo anunciou LG, o novo LG Wing porase á venda durante outubro en Corea, e posteriormente en mercados como Europa ou América. Porén, polo de agora non confirmou o prezo ao que sairá ao mercado.

Sobre o autor

Reply