Pepephone duplica os datos do seu plan de 5 GB, agora con 10 polo mesmo prezo

Logo de mellorar a súa tarifa “Inimitable” hai unhas semanas, pasando dos 25 aos 31 GB, agora Pepephone vén de retocar outra das súas tarifas para falar e navegar.

Falamos da tarifa con 5 GB e chamadas ilimitadas, que tras esta actualización pasa a ofrecer 10 GB de datos e chamadas ilimitadas polo mesmo prezo mensual: 11,90 €/mes. Ademais, tampouco cambia o feito de poder acumular os datos non empregados para o mes seguinte.

A nova clientela da marca xa pode contratar o servizo desde o primeiro momento, mentres que a clientela actual está a recibir estes días unha notificación na que se lle informa da súa aplicación con carácter retroactivo con data 1 de setembro.

O cambio tamén afecta aos produtos converxentes fibra – móbil con esta tarifa, de maneira que por 38,90 €/mes poderemos ter fibra óptica simétrica de 300 Mbps e unha liña móbil con 10 GB e chamadas ilimitadas, no canto dos 5 GB ofrecidos até o de agora polo mesmo prezo.

Sobre o autor

Reply