Novos Vsmart Aris e Aris Pro

A marca vietnamita Vsmart, nada tras a venda da división de móbiles da española BQ ao holding Vingroup, vén de anunciar o lanzamento de novos dispositivos, os Vsmart Aris e Vsmart Aris Pro.

Ambos os dous trebellos contan cunhas especificacións moi semellantes, se ben é certo que deles destaca o modelo “Pro” ao integrar a cámara frontal baixo a pantalla, unha característica que polo de agora só tiñamos visto no ZTE Axon 20 5G.

A continuación resumimos as súas especificacións máis importantes:

Vsmart ArisVsmart Aris Pro
Pantalla6,39 polgadas, AMOLED, con resolución 2400 x 1080 píxeles6,39 polgadas, AMOLED, con resolución 2400 x 1080 píxeles
ProcesadorQualcomm Snapdragon 730Qualcomm Snapdragon 730
Memoria RAM6 GB8 GB
Almacenaxe interna64 GB128 GB
Cámara principalCuádruple (principal de 64 Mpx, gran angular de 8 Mpx, zoom óptico 8 Mpx e macro 2 Mpx)Cuádruple (principal de 64 Mpx, gran angular de 8 Mpx, zoom óptico 8 Mpx e macro 2 Mpx)
Cámara dianteira20 Mpx, con forma de gota.20 Mpx, integrada baixo a pantalla
Batería5000 mAh con carga rápida de 18 W5000 mAh con carga rápida de 18 W
SistemaAndroid 10Android 10
Outros4G/LTE, Bluetooth 5, WiFi de dobre banda4G/LTE, Bluetooth 5, WiFi de dobre banda

Como pode verse na táboa anterior, o único que diferenza a ambos modelos é a combinación de memorias (6 + 64 GB no caso do Aris, e 8 + 128 GB no caso do Aris Pro) e a integración da cámara baixo a pantalla no modelo Pro.

Polo demais, trátase de trebellos moi compensados, ao integrar un dos procesadores de Qualcomm náis interesantes dentro da gama media, e paneis AMOLED.

Versión 5G

Existe unha versión 5G deste dispositivo, o Vmart Aris 5G, cuxa diferenza témola na presenza dun procesador Qualcomm Snapdragon 765, compatíbel con este tipo de redes.

Trátase do primeiro teléfono destas características que chega a Vietnam.

Dispoñibilidade e prezo

Ambos dispositivos están dispoñíbeis en Vietnam por uns prezos ao cambio de 275 euros, no caso do Vsmart Aris, e 375 €, no caso do Vsmart Aris Pro.

Polo de agora descoñécese se a marca ten previsto traer estes modelos ao noso país, onde non chegaron toda unha recua de modelos á venda en Vietnam (Bee, Star, Joy 2+, Live, Bee 3, Star 3, Joy 3, Active 3, Star 4, Live 4) que non vimos por estes lares.

Sobre o autor

Reply