Movistar elimina todas as permanencias do seus contratos

Tras o anuncio do lanzamento das súas redes 5G, Movistar volve á palestra ao anunciar que elimina a permanencia dos seus contratos, unha novidade que afecta tanto ás liñas móbiles como ás combinadas con produtos fixo – móbil.

De vez, todas as tarifas de contrato de Movistar perden a permanencia, o que elimina as ataduras se queremos irnos a outra operadora ou realizar cambios sobre o produto que teñamos contratado. Faino ademais de maneira automática, afectando tanto á clientela actual como á que queira achegarse á compañía como nova alta.

Esta novidade chega despois de que hai un ano Movistar eliminase a permanencia nas tarifas Fusión, e segundo afirma a compañía nunha nota, faino para que “a clientela chegue pola calidade e variedade dos produtos de maneira libre”.

Mellora no contrato infinito

Movistar tamén aposta por defender o seu Contrato Infinito, que inclúe chamadas, SMS e datos ilimitados 5G, ofrecéndoo por 24,95 €/mes durante 12 meses para todas as novas altas, portabilidades e migracións desde prepago.

Sobre o autor

Reply