Filtrado O Samsung Galaxy S20 Fan Edition

Nestes tempos é raro chegar ao día da presentación dun novo dispositivo sen saber nada del, xa que a meirande parte dos trebellos son filtrados días, semanas e mesmo meses antes do seu lanzamento.

O último en sufrir as filtracións é o Samsung Galaxy S20 FE (Fan Edition), o cuarto modelo da serie S20 que Samsung anunciará de maneira oficial nuns días. Trátase dunha filtración en vídeo, que nos permite ver como funciona e tamén o seu deseño completo

Entre as cousas máis destacábeis do trebello está a presenza da carga sen fíos, a pesar de que o trebello está acabado en plástico. Ademais tamén é compatíbel coa carga reversíbel, o que nos permite cargar outros dispositivos, como smartphones ou accesorios (reloxos ou auriculares, por exemplo).

En canto ás súas características, temos un panel AMOLED de 6,5 polgadas con resolución Full HD+ e taxa de refresco de 120 Hz, que no seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 865 con 8 GB de RAM e 128 GB de memoria interna.

No apartado fotográfico destaca a cámara principal cunlente princial de 12 Mpx acompañado dun gran angular de 12 Mpx e un telefono de 8 Mpx. A cámara dianteira é de 32 Mpx.

Dispón de conectividade WiFi 802.11 ac, Bluetooth 5.0, USC-C, 5G e lector de pegadas dixitais baixo a pantalla. Tamén ten certificación IP68 para protexer de auga e pó, altofalantes estéreo e unha batería de 4.500 mAh de capacidade con carga rápida.

En canto ao prezo, teremos que agardar á súa presentación, na que imaxinamos que xa se desvelará tanto ese dato como o día no que poderemos mercalo.

Sobre o autor

Reply