DIGI estende a súa fibra ás provincias da Coruña e Pontevedra

A operadora DIGI amplía o mapa de cobertura engadindo dúas novas zonas, e chegando por vez primeira a Galiza. Así, as usuarias das provincias da Coruña e Pontevedra xa poden contratar os seus servizos, desde esta semana nos puntos de venda autorizados e xa desde a semana que vén tamén a través da súa páxina web.

Coa chegada ás provincias da Coruña e Pontevedra son xa 34 o total de provincias de todo o Estado no que esta compañía opera o seu servizo de Internet fixo, que destaca por uns prezos bastante axustados.

Aquelas persoas ás que só lles interese ter Internet fixo poden optar por ter 50 Mbps simétricos por 25 €/mes ou 500 Mbps simétricos por 30 €/mes. De querer engadir teléfono fixo permite elixir entre pagar 1 €/mes con chamadas gratis de Digi a Digi, ou escoller unha opción con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles e 500 minutos en chamadas internacionais cun custe de 5 €/mes se temos 50 Mbps ou 3 €/mes se temos 500 Mbps.

Se facemos un produto converxente fixo – móbil, temos diversas opcións preconfiguradas, todas elas con chamadas ilimitadas desde o móbil:

  • Fibra 50 Mbps + móbil (3 GB + ilimitadas): 28 €/mes
  • Fibra 50 Mbps + móbil (10 GB + ilimitadas): 31 €/mes
  • Fibra 50 Mbps + móbil (60 GB + ilimitadas): 37 €/mes
  • Fibra 500 Mbps + móbil (10 GB + ilimitadas): 36 €/mes
  • Fibra 500 Mbps + móbil (60 GB + ilimitadas): 42 €/mes

Tamén é posíbel contratar outras combinacións con menos datos ou con menos minutos a cambio de que os que teñamos sexan válidos para chamar tamén a destinos internacionais. Todo isto pódese configurar no proceso de contratación do servizo.

Coa chegada do servizo de DIGI móbil ao noso país chega un novo competidor a empresas como Lowi ou Pepephone, dúas das preferidas por aquelas persoas que apostan por produtos sinxelos que combinen fibra e móbil a prezos xustos.

Sobre o autor

Reply