Vodafone lanza “One Hogar Ilimitable”, a súa proposta converxente máis ambiciosa

A operadora Vodafone anunciou onte o lanzamento dunha nova tarifa converxente, Vodafone One Hogar Ilimitable, unha proposta que combina nun mesmo produto solucións de conectividade fixas e móbiles destinada a aquelas persoas que queren “todo” nunha única factura.

Este novo plan, que se poderá contratar a partir do próximo 13 de outubro, inclúe conectividade fixa e móbil, unha ampla e completa oferta en cine e series, e varias solucións en servizos IoT, por un prezo fixo ao mes.

No que ten a ver coa conectividade, Vodafone ofrece neste produto datos móbiles ilimitados a máxima velocidade 5G, e fibra de banda ancha a 600 Mbps ou 1 Gbps simétricos. Ademais, inclúese o servizo Super WiFi, que amplía a cobertura da rede sen fíos na casa, e nalgunha das versións (3.0 e 4.0) o servizo OneNumber, co cal as clientas poden usar o seu número e o seu servizo de voz e datos noutros dispositivos, como tablets, reloxos intelixentes ou segundos teléfonos sen ter que andar cambiando a SIM.

Se falamos de televisión e entretemento, One Hogar Ilimitable inclúe una oferta de televisión completa e diferencial, na que se aposta polo cine e as series. Ademáis de máis de 100 canles temáticos de cine e series (FOX, TNT, SYFY, TCM, Canal Hollywood, AMC, …), documentais e entretemento (National Geographic, canal Historia, Discovery Channel, Canal Cocina, entre outros), infantil (Disney Junior, Nickelodeon, Nick Jr., canal Panda e Baby TV), música (MyMTV Music só dispoñíbel en Vodafone, MTV e Sol Música) e deportes(Eurosport 1), tamén ten máis de 400.000 contidos para ver baixo demanda neses mesmos canles, ademais de HBO España e Amazon Prime. Para disfrutar de todo ese contido, as usuarias terán un decodificador 4K.

Por último, a oferta tamén inclúe produtos de Fogar Intelixente, como Secure Net e produtos IoT como V-Home Mini e CarConnect, que dotarán de conectividade e seguridade a estas casas. V-Home Mini (nos paquetes 3.0 e 4.0) monitoriza o fogar e permite á clientela ver en directo no móbil o que ocorre na casa cando non están, grazas a unha cámara Full HD, mentres que CarConnect ofrece WiFi aos vehículos.

Prezos

Todos os paquetes Vodafone One Hogar Ilimitable contan con tres meses de prezo promocional. A oferta divídese en tres alternativas: 2.0, 3.0 e 4.0.

  • Vodafone One Hogar Ilimitable 2.0 (95 €/mes, en promoción 3 meses a 47,50 €/mes). Inclúe dúas liñas móbiles con voz e datos ilimitados a máxima velocidade 5G, fibra de 600 Mbps, Super WiFi, Vodafone TV Ilimitable e Secure Net Family.
  • Vodafone One Hogar Ilimitable 3.0 (110 €/mes, en promoción 3 meses a 55 €/mes). Inclúe tres liñas móbiles con voz e datos ilimitados a máxima velocidade 5G, fibra de 600 Mbps, Super WiFi, Vodafone TV Ilimitable, Secure Net Family, OneNumber e V-Home Mini.
  • Vodafone One Hogar Ilimitable 4.0 (125€/mes, en promoción 3 meses a 62,50 €/mes). Inclúe catro liñas móbiles con voz e datos ilimitados a máxima velocidade 5G, fibra de 600 Mbps (ou 1 Gbps por +10 €/mes), Super WiFi, Vodafone TV Ilimitable, Secure Net Family, OneNumber e V-Home Mini e CarConnect.

Sobre o autor

Reply