Grandes descontos no Amazon Prime Day

Amazon celebra hoxe e mañá o Amazon Prime Day, dúas xornadas con grandes descontos destinadas ás usuarias rexistradas como “Prime”, é dicir, que contan con vantaxes como os envíos gratuítos incluídos en milleiros de produtos a cambio dunha cota fixa anual.

Malia que tradicionalmente estas xornadas celébranse no mes de xullo, no ano da pandemia Amazon decidiu trasladar esta data a estes días, polo que non deixa de ser unha boa oportunidade mesmo para adiantar algunha compra de Nadal ou autoagasallo.

Hai ofertas en todo tipo de produtos, algunhas que durarán toda a xornada e outras flash que duran apenas unha hora. En calquera caso, paga a pena pasarse pola web de amazon.es para botar un ollo e ver que cousas nos poden interesar para conseguir a prezo rebaixado.

A propia Amazon tamén realiza descontos importantes nos seus produtos, tanto nas tablets como nos dispositivos Alexa. A continuación podedes consultalos todos:

Dispositivos Alexa e libro electrónico
ProdutoPrezo orixinalPrezo con descontoTotal desconto
Echo Dot (3ª xeración)59,99€19,99€40€
Echo Show 589,99€44,99€45€
Echo Show 8129,99€64,99€65€
Echo Auto59,99€34,99€25€
Echo Studio199,99€149,99€50€
Echo Flex29,99€14,99€15€
Echo Show (3ª xeración)229,99€179,99€50€
Echo Dot (3ª xeración) + Amazon Smart Plug por 29,9984,98€29,99€54,99€
Echo Dot (3ª xeración) + LIFX White Smart Bulb por 24,9975,98€24,99€50,99€
Echo Dot (3ª xeración) + Philips Hue Color Smart Bulb por 39,99119,98€39,99€79,99€
Kindle Paperwhite129,99€94,99€35€
Dispositivos TV e tablet
ProdutoPrezo orixinalPrezo con descontoTotal desconto
Fire TV Stick 4K con control por voz Alexa59,99€39,99€20€
Fire HD 8 tablet99,99€69,99€30€
Fire 7 tablet69,99€49,99€20€

Como podedes observar, hai ofertas moi interesantes, mais como xa avanzamos, non só nos produtos Amazon, senón que podemos atopar teléfonos, accesorios e produtos de diversa índole con importantes descontos.

Sobre o autor

Reply