A fibra chega a Simyo desde 25,99 euros

Simyo, unha das marcas de baixo custe de Orange, vén de pór en marcha hai uns días a súa oferta de fibra, uns plans que permiten disfrutar de conexións de alta velocidade desde un prezo inicial de 25,99 euros.

Con esta nova aposta, Orange mantén dúas das súas marcas para o segmento máis premium, a propia Orange e Jazztel, ao tempo que ofrece un servizo de baixo custe a través de tres compañías: Amena, República Móvil e a propia Simyo.

A compañía ofrece dúas tarifas de só fibra, dependendo da velocidade contratada. Así, podemos ter 100 megas simétricos por 25,99 euros ou 300 Mbps simétricos por 30,99 euros, prezos bastante competitivos no mercado actual.

Porén, aquelas persoas que tamén teñan o móbil con Simyo disfrutarán dunha mellor oferta converxente. Así, as tarifas móbiles cunha cota de 7 euros ou máis verán descontados 7 euros nos plans de fibra, de maneira que a fibra de 100 Mbps queda en 18,99 euros e a de 300 Mbps en 23,99 euros.

A cota de alta é de 15 euros, aínda que esta non se cobra se se contrata unha tarifa de 7 € ou máis. Por outro lado, a instalación ten un custe de 120 euros, aínda que neste caso tamén é de balde se se permanece 90 días na operadora.

A principal vantaxe de Simyo é o grao de personalización que permite, xa que ademais de poder elixir a velocidade da fibra entre os 100 ou os 300 Mbps simétricos, o servizo móbil pode adaptarse ao noso consumo, escollendo o bono de datos máis acorde aos nosos usos (ningún, 100 MB, 2 GB, 5 GB, 7 GB, 12 GB, 15 GB, 25 GB, 35 GB, 40 GB), e o mesmo coas chamadas (sen chamadas, 20, 50, 100, 200, 300 minutos ou chamadas ilimitadas).

Sobre o autor

Reply