Xiaomi anuncia unha nova tecnoloxía de carga sen fíos a 80W

O fabricante chinés Xiaomi anunciou hai uns días a súa última innovación no campo da carga rápida: unha tecnoloxía pioneira de carga sen fíos a 80W, o que supón un importante salto respecto á tecnoloxía de carga sen fíos a 30W introducida pola compañía en 2019.

Esta nova tecnoloxía é capaz de reencher unha batería de 4.000 mAh ao 10% en tan só 1 minuto, ao 50% en 8 minutos e acadar o 100% en 19 minutos. En termos comparativos, a mesma tecnoloxía a 30W introducida en 2019 carga unha batería semellante ao 50% nuns 25 minutos e ao 100% en 69 minutos.

A compañía agarda que esta innovación marque un punto de inflexión non só no ámbito da carga sen fíos, senón tamén nos sistemas de carga en xeral.

Desde Xiaomi poñen en valor que en menos dun ano a compañía foi quen de presentar tres avances tecnolóxicos de calado neste tipo de sistemas. Así, en marzo de 2020 presentou a carga sen fíos de 40 W; pouco despois, en agosto, a primeira tecnoloxía de carga sen fíos a 50W de Xiaomi, que agora vén de ser superada pola de 80 W.

Sobre o autor

Reply