Mallando no Android é o blog xurdido a partir da experiencia en Mallando na e-ira. Naceu como un espazo no que tratar na nosa lingua, o Galego, toda a información que ten a ver co sistema operativo Android (actualidade, análise de trebellos e aplicacións, cobertura de eventos…), aínda que a estas alturas tamén falamos do resto de sistemas operativos e gadgets.

O equipo humano que forma parte de Mallando no Android é un grupo de persoas que foi mudando ao longo da nosa vida na rede e que na actualidade está formado por:

iago varela lg g flex

Iago Varela Martínez

Coordinador / Editor Xefe

Blog persoal: http://www.iagovarela.eu

Twitter: @iagovarela

Bio: Son un Enxeñeiro de Telecomunicación en potencia nado na primavera de 1986 en Cabanas, unha pequena vila da Coruña. Apaixóname todo o que ten a ver coas novas tecnoloxías, os trebellos, a comunicación, a ciencia, o montunismo… entre outras moitas cousas.

Son, na medida do posíbel, bastante early adopter, e comecei xa haiuns cantos anos nisto de Android cun Google Nexus One, o meu primeiro smartphone e ao que lle sigo tendo un cariño especial. Hoxe en día mudo de terminal con bastante frecuencia, aínda que o meu móbil particular é un Sony Xperia T LG G2 LG G3 Huawei Ascend Mate 7 Samsung Galaxy S6 Edge. Ademais, teño unha Samsung Galaxy Tab 10.1 WiFi+3G e estou desexando facerme cunhas Google Glass.


luis

Luis P. Castelo

Redactor

Bio: Nacín en Culleredo en decembro de 1987, coincidindo coa evacuación masiva do Casón, a Primeira Intifada e o centenario da invención do esperanto. Estudei a Licenciatura de Filoloxía Inglesa e o Mestrado en Formación de Profesorado de Secundaria na Universidade da Coruña. Desde outubro de 2010 estou traballando na miña tese de doutoramento, na que estudo varios aspectos do desenvolvemento do rexistro científico no inglés dos séculos XVIII e XIX.

Apaixóame o ámbito das novas tecnoloxías aplicadas á linguaxe, e son un firme defensor da interdisciplinariedade e da necesidade da divulgación científica en todos os ámbitos. Móvome cun Google Nexus S LG Optimus G Pro Huawei Ascend Mate 7 e recentemente adquirín unha Samsung Galaxy Tab 2 10.1 WiFi+3G.


alvaro

Álvaro Mouteira Souto

Redactor

Twitter: @alvaromsouto

Bio: Nacín un 25 de decembro en Ferrol e si, deille a Noiteboa á miña nai. Suponse que teño que saber algo de administrar empresas, pero a miña paixón son as tecnoloxías e miro con agarimo os gadgets antigos. Como di o xefe, #vivaantes.

Desfruto montando en bici, algo que teño deixado de lado, pero estou intentando recuperar as boas costumes. Tamén vexo todo tipo de carreiras nos que haxa motor e rodas, dáme igual que sexan coches ou motos. Podo presumir de ter un Triumph Acclaim.

Para uso diario teño un PC Dell con Ubuntu instalado e un Samsung Galaxy Ace LG G2. De cando en vez gústame trastear e facer o que me deixa un vello PIII no que corre W98.


davidDavid Albela Pérez

Redactor

Bio: Estudante de Enxeñaría Informática na Coruña. O meu primeiro contacto coa tecnoloxía foi a través do intercambio de cartuchos de videoxogos nos recreos. Fanático de todo aquelo que teña que ver coa seguridade, a innovación e cacharrear coas novas tecnoloxías. Paso as tardes libres probando o desenvolvemento de aplicacións en Android.


uxioUxío Arranz

Redactor

Twitter: @uxioarranz

Bio: Nacín en Berna (Suiza) en 1984 e oito anos despois voltei para a terriña da que non volvín saír, a non ser dalgunha que outra viaxe, e aquí unha das miñas maiores paixóns, viaxar e coñecer novos lugares. Agora mesmo estou entre Ferrol (lugar de adopción académica) e Caldas de Reis. Ademáis de viaxar, gústame a fotografía, deportes en xeral e argallar no ordenador sempre que podo. E, como non, desfrutar da compañía dos amigos.

O primeiro smartphone que tiven foi unha HTC Touch, logo estivemos unha longa tempada co meu Autobot ( LG Optimus 2X ) como me gustaba chamarlle a min. Actualmente móvome cun SonyXperia Z.

abel

Abel Rodríguez

Redactor

Twitter: @charlielocke9

Bio: Prea, «estudante» de Tradución e Interpretación; amante do cine, do rock e da cervexa. Fai pouco máis dun ano regaláronme un Galaxy Ace e comecei a interesarme por Android e nas posibilidades que un smartphone ofrecía. Creo na nube e na sincronización. Actualmente trebello cun Xperia SP.


iago polo

Iago Polo

Redactor

Twitter: @iagophoto

Bio: Nacín en Ferrol, en decembro do 91. Son estudante de Filosofía, aínda que me interesan moitos tipos de saberes, como a tecnoloxía, da cal son apaixonado.

Ademais do cinema, música e teatro, o meu hobby principal é a fotografía, no cal me vou desenvolvendo pouco a pouco e polo de agora xa participei nunha exposición colectiva para o outono fotográfco. Os meus equipos son un Sony Xperia Z e unha LG G Pad 8.3”.


vitor

Vítor Vázquez Vázquez

Redactor

Blog persoal: http://www.vazquezvitor.com

Bio: Nacín no 86 en Palas de Rei, son Arquitecto Técnico e Técnico Superior en Desenvolvemento e Aplicación de Proxectos de Construción (aka, delineante)-. Non vou a ningún sitio sen o meu Sony Xperia S (aínda que anteriormente tiven un Samsung Galaxy S II e unha HTC Magic) e o meu iPod Suffle 2G; tamén conto cun portátil e un sobremesa con Ubuntu instalado, evitando na medida do posíbel o uso de W*****s.

Interésame case calquera tema científico – tecnolóxico, e no que se podería considerar “o meu ámbito” son un apaixonado da xeometría e das estruturas que disfruta criticando os detalles construtivos empregados no MundoReal™. E ben, a partir de aquí leo (nun Kindle), vou ao cinema, xogo ao balocesto, ando na bici, corro, fago montunismo, etc.


Ademais, colaboran connosco Álex Alfaya, Ismael Reyes, Xabier Crespo, Sebastián Barbeito e Alberto Ruibal. Se ti tamén queres colaborar no blog, pásate pola páxina Únete a nós!.