Android está cada vez máis e máis presente nas nosas vidas. Se hai uns anos falabamos de smartphones, hoxe temos tablets, smartTVs, reloxos, lentes… e mesmo lavadoras que incorporan este operativo. Por iso día a día xérase moita información, aparecen novos terminais e publícanse ducias de aplicacións que hai que analizar, tratar e ampliar para poder publicar e facela interesante para as e os lectores.

android churrasco

Co afán de poder seguir medrando para ser o punto de referencia no panorama Android galego, gustaríanos convidarvos a que vos animedes a colaborar connosco nesta terefa. Neste senso, propómosvos tres xeitos de facelo:

  • Incorporándovos ao equipo de redacción de Mallando no Android. Para ilo pedímosvos paixón e interese (obvio, ou?) por Android e que vos desenvolvades medianamente ben en galego (tranquilidade, revísase a linguaxe antes de publicar as novas). Así mesmo, sería bo ter dispoñibilidade para escribir entre 2 e 4 artigos semanalmente, aínda que podemos adaptarnos a calquera dispoñibilidade.
  • Gravando unboxings. Para moitos usuarios é importante ver o que hai dentro das caixas dos dispositivos que van mercar. E como é imposíbel dispor dunha unidade de cada terminal que sae ao mercado, se vos facedes cun dispositivo Android podedes gravar o vídeo da primeira apertura e facérnolo chegar para bublicar no blog.
  • Facendo colaboracións puntuais. En calquera momento, se queredes falar dalgunha aplicación ou dalgo que teña que ver con Android, podedes contactar connosco e enviarnos os vosos artigos para que publiquemos. Terán que seguir a liña do que publiquemos no blog.

Xa sabedes, se vos interesa colaborar na labor de androidizar o mundo partindo do noso País, non tedes máis que poñervos en contacto connosco. Estaremos encantados de que comecedes a formar parte do noso equipo 🙂