Que é Android? Unha introdución necesaria

Android é un sistema operativo móbil, baseado no núcleo de Linux. Foi desenvolto pola compañía Android, inserida na Open Handser Alliance, que é un consorcio no que participan medio centenar de compañías de hardware, software e telecomunicacións que teñen un compromiso coa promoción e uso de estándares abertos. Esta compañía foi mercada por Google, de aí que hoxe en día Android sexa coñecido como o ‘sistema operativo de Google’.
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAISAs principais características de Android son as seguintes:

– Framework de aplicacións, habilitando a reutilización e o reemplazo de compoñentes
– Máquina virtual Dalvik optimizada para dispositivos móbiles
– Navegador integrado baseado no motor do proxecto aberto Webkit
– Gráficos optimizados, grazas a unha libraría gráfica 2D. Os gráficos 3D baséanse na especificación OpenGL Es 1.0 con soporte para aceleración gráfica por hardware.
– SQLite para estruturar a almacenaxe de datos
– Soporte multimedia común para audio, vídeo, imaxes… acepta multitude de formatos (MPEF4, H.264, MP3, OGG, ACC, AMR, JPG, PNG, GIF… entre outros)
– Gran posibilidade de desenvolvemento
– Android Market. Permite aos desenvolvedores poñer as súas aplicacións no mercado, accesíbeis dende os terminais Android.

Ademais, dependendo da dispoñibilidade do hardware…

– Bluetooth, EDGE, 3G, WiFi
– Cámara, GPS, compás, acelerómetro

MAPA DE ARQUITECTURA

Imaxe: Mapa de arquitectura de Android

TERMINAIS CON ANDROID

Existen numerosos dispositivos con Android: teléfonos móbiles (smartphones), tablets e mesmo televisións (tamén experimentos curiosos de aplicación de Android á lavadoras ou microondas)

Entre os teléfonos móbiles, destacan os seguintes:

– Google: Nexus One (fabricado por HTC)
– HTC: Wildfire, Desire, Legend, Hero, Tatto, Magic, Dream, Dragon, Evo 4G.
– Geeksphone: One
– Samsung: i7500 Galaxy, i5700 Galaxy Spici, i9000 Galaxy S
– Sony Ericsson: Xperia X10 e Xperia X10mini
– Motorola: Droid, Cliq, Motus

Nos tablets

– iPed: a copia chinesa barata do iPad, o iPed, leva Android
– RAmos W7 Android mis
– Blue Sky
– Archos 7

– Samsung Galaxy TabNa televisión

Google, tamén ten pensado introducirse no mundo da televisión da man de Android, coa Google TV levando o Web meets phone co que presentou o Nexus One ao concepto Web meets TV. Ao longo deste ano aparecerán as primeiras televisións con este sistema operativo

RECURSOS

Resulta interesante botarlle un ollo ao documental Androidology. (en inglés, con subtítulos en inglés). A continuación podedes ver a primeira parte, na que se fala da arquitectura. Na segunda parte das aplicacións (clic aquí) e na terceira das API’s (clic aquí)

Sobre o autor

One Response

  1. Vitor de Palas 5 Xullo, 2010 Responder

Reply