Primeiros pasos en Android (I)

Vés de mercar o teu primeiro Androide. Vale. E agora que? Por onde empezo? Nesta entrada intentarase dar resposta á unha pregunta que todos nos fixemos a primeira vez que tivemos nas mans un móbil Android:

Meto a SIM, acendo o móbil e xa está?

Non tan deprisa! O primeiro que necesitas é ter unha conta de Google (podes facer unha aquí), xa que Android sincronízase totalmente cos servizos de Google (contactos, correo electrónico, calendario…). Unha boa idea é sentarse tranquilamente diante do ordenador e ir metendo os números de teléfono nos teus contactos de Gmail (é moito máis rápido que facelo no móbil). Isto pode resultar un tanto engorroso ao comezo, pero falo unha vez e xa queda para sempre.

Ademais, se non queres levar un susto coa túa factura é moi recomendábel que teñas contratada unha tarifa plana de datos. Cunha tarifa de datos que inclúa 250 Mb é máis que suficiente para un uso racional (correo electrónico, redes sociais, vídeos en Youtube, descarga de aplicacións…). Un dato a ter en conta é comprobar que fai a nosa operadora despois de ter superado ese límite, porque ás veces limitan a velocidade (báixase significativamente, pero non che cobran a maiores) ou cobran por Mb adicional.

Se mercaches o móbil a través dunha operadora, de seguro que xa che irá cos datos de configuración da conexión a Internet programados. Senón terás que introducilos de xeito manual. Para ilo fai o seguinte:

Menú -> Axustes -> Conexións inarámbicas -> Redes móbiles -> APN -> Menú -> APN Novo

A partires de aí, segundo a nosa operadora:

Para R
Name: Internet R
APN: internet.mundo-r.com
MCC: 214
MNC: 06
Resto de campos en branco

Para Vodafone
Name: Vodafone ES
APN: airtelnet.es
Username: VODAFONE
Password: VODAFONE
MMSC: http://mmsc.vodafone.es/servlets/mms
MMS Proxy: 212.73.32.10
MMS port: 8080
MCC: 214
MNC: 01
DNS vodafone: 213.143.33.8, 62.36.225.150
Resto de campos en branco

Para Movistar
Name: Movistar ES
APN: movistar.es
Username: movistar
Password: movistar
DNS movistar: 194.179.001.100, 194.179.001.101
Resto de campos en branco

Para Orange
Name: Orange ES
APN: internet
Username: orange
Password: orange
DNS orange: 212.73.32.3, 212.73.32.67
Resto de campos en branco

Para Yoigo
Name: Yoigo
APN: Internet
Resto de campos en branco

Para Simyo
Name: SimyoInternet
APN: gprs-service.com
Resto de campos en branco

En entradas vindeiras analizaremos as aplicacións básicas para os nosos androides, continuando con esta guía introdutoria

Sobre o autor

Reply