Temos hoxe o primeiro unboxing da sección Mallando no Android. Trátase do Nexus One Desktop Dock, unha base para o teléfono de Google que proporciona unha nova experiencia para sacarlle o máximo partido ao terminal, malia que podemos fabricar alternativas máis económicas, como xa contamos aquí.
O dock foi mercado na tenda de accesorios de HTC, que malia indicar que non terán unidades até o 1 de setembro, nós xa o recibimos.
O primeiro unboxing da historia en galego?
Non sei se será o primeiro unboxing en galego (eu non sei doutros), se o é, unha fazaña para Mallando 😀