Caza a canción que soa con Shazam

Seguramente máis dunha vez oiches algunha canción na radio ou en calquera outro sitio e preguntácheste: como se chamará? de quen será?
Unha maneira sinxela de sabelo é coa aplicación Shazam, cuxa versión para Android saiu algún tempo despois da correspondente do iPhone, polo éxito desta.
O funcionamento é moi sinxelo, para comezar clicamos en Taguear ahora e comeza o proceso de escoita
Despois deste proceso, amósanos o resultado, tal que así:
Cómpre sinalar que funciona bastante ben en termos xerais, inda que, claro está, non recoñece todas as cancións, como quixéramos. Malia iso, compensa tela instalada.
Tamaño instalada: 1 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply