Hoxe traémosvos unha aplicación de moita utilidade para quen utiliza o transporte público na cidade da Coruña: A Coruña Urban Buses.
Nela poderemos consultar a listaxe de liñas e itinerarios, así como tamén a ubicación en tempo real dos autobuses dentro do itinerario. A información recóllese dinamicamente da web do Concello da Coruña, o que garante que está actualizada, se ben é certo que isto tamén fai que ás veces o tempo de resposta pode ser algo lento.
Tamaño instalada: 288 KB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:
Informámosvos de que está dispoñible outra aplicación de tempos de espera dos buses urbanos de Coruña. Chámase BusCoruna, e ten actualizada a información de denominacións de paradas e recorridos alternativos por obras.
Esta que vós analizades é a primeira que vimos dispoñible no seu momento, é un bon producto de Carlos Abalde e recoñecémoslle o detalle pioneiro.
Existe tamén outra para os usuarios de iPhone, “iCoruna” e tamén a aplicación oficial da Cía. de Tranvías, chamada “iTranvias”.
Todas son gratuitas, ainda que existe a versión de pago de BusCoruna, que ten algunha cousiña máis de interés e utilidade.
Se mirades no blog busurbano atoparedes a información na categoría “Móviles e aplicacións”, que vos podería ser de utilidade para unha pequena comparativa.
Saúdos!
Graciñas polo comentario.
Comentar que coñecemos a aplicación BusCoruna e tamén falamos dela no noso blogue nalgunha ocasión. Calquera novidade tamén no-la podedes enviar a android(at)mallando(dot)com
Un saúdo!
tendes un bo traballo,gracias