Comezamos con esta entrada unha serie de análises sobre diferentes aplicacións de Twitter para Android, e facémolo coa oficial.
A pantalla inicial dispón de 6 botóns: Tweets, Listas, Menciones, Retweets, Mensajes Directos e Mi perfil. Ademais, se quedamos nela vai aparecendo o paxariño de Twitter cos trending topics do momento.
Captura da pantalla inicial
- Tweets: amósanos a listaxe coa liña temporal dos usuarios aos que seguimos, con sitio para arredor de 5 tweets (dependerá do longo da mensaxe) e un aspecto moi visual e limpo. Ademais, ofrece unha vista previa das imaxes tweeteadas.
Captura da lista temporal: Tweets
- Listas: neste espazo podemos ver todas as nosas listas e abrir a que queiramos. Ao entrar, amósanos 3 lapelas na parte superior: Mis listas, Seguidos e Incluído, como na versión web de Twitter. Ademais, tamén temos a posibilidade de crear unha nova lista dende o noso terminal.
- Menciones: pouco que dicir, listaxe das mensaxes que nos mencionan.
- Retweets: inclúe 3 lapelas na parte superior: Tuyos, De otros e Retweets (os teus tweets retweeteados).
- Mensajes directos: semellante á versión web, con dúas lapelas: Bandeja de entrada e Enviados.
- Mi perfil: lista dos teus tweets.
Esta aplicación dispón ademais de dous gadgets de escritorio, un que ocupa 8 iconas e outro 4. En ambos os dous amosa o último tweet da liña temporal e a única diferenza é que no de 8 temos acceso a poder escribir un tweet directamente.
No menú de configuracións (accesíbel dende o botón Menú do noso terminal), podemos escoller sincronizar as contas de Twitter cos nosos contacos, o intervalo de actualización (entre 5 minutos de mínimo a 4 horas de máximo. Nota: pódese actualizar en calquera momento manualmente); as notificacións na barra (tweets, mencións e mensaxes directos, por separado); vibración, luz e/ou son para as notificación; o fondo animado, o servizo de suba de fotos (Twitpic ou Yfrog) e o servizo de acortamento de URLs (Bit.ly ou URL dimin)
Vantaxes:
– Moi visual
– De balde
– Sincronización cos contactos
Desvantaxes:
– Só válido para Android 2.1 e posteriores.
– Ao entrar, non queda onde deixaches de ler, senón no último tweet. Iso si, indícache o número de tweets sen ler e tes que ir ti baixando manualmente até ese punto.
Tamaño instalada: 16,18 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación: