Aplicacións de Twitter para Android (III): Twidroyd

Logo de ter analizado Twitter Oficial e Seesmic, é a quenda dunha das máis aplicacións xestoras de Twitter máis extendidas: Twidroyd.
Cómpre sinalar que esta aplicación dispón de versión gratuíta e versión de pago (versión pro).
Unha vez que temos instalada a aplicación e estamos identificados cos nosos datos de acceso, atopámonos a pestana principal con 5 lapelas na parte inferior da pantalla:

Captura da pantalla “Máis opcións”
  • Timeline: Simbolizado cunha casa, é onde temos a listaxe tos tweeters que seguimos.
  • Mencións: como na versión web, os tweets que nos mencionan.
  • Mensaxes directos: amósanos as mensaxes directas que recibimos ou enviamos.
  • Buscador: completo buscador, tanto por palabras en tweets, coma usuarios ou por proximidade.
  • … : este espazo dá acceso a moitas outras opcións de consulta: o noso perfil, a xestión de multiconta (versión pro), bandexa de saída (versión pro), ver as listaxes, xestionar as listaxes (versión pro), favoritos, peticións de seguimentos, twittersphere, espazo para suxerir cousas, trendic topics e acceso ao menú de configuracións.
As configuracións que podemos facer son as típicas: intervalo de actualización automática (de 5 minutos a 1 vez/día), as notificacións por tweets, mencións ou mensaxes directos mediante son, vibración ou LED, o servizo de subida de fotos (Plixi, Twitpic, Twitgoo, Yfrog, Posterous), a calidade das imaxes (baixa, media, alta), o servizo de subida de fotos (só na versión pro), acurador de URLs (Tinyurl, is.gd ou Bit.ly)…
A versión de balde conta un gadget pequeno (tamaño 4 iconas), se ben é certo que non é moi xeitoso. Na versión Pro teremos ademias outros 2 gadgets, un pequeno (tamaño 8) e outro que ocupa toda a pantalla (tamaño 8), moi vistoso para ter nunha das pantallas secundarias.
Vantaxes:
– Moitas opcións de configuración
– Moi visual
– Válido para todas as versións de Android
Desvantaxes:
– Versión de balde algo pobre
– Gadgets de escritorio
Tamaño instalada: 5,43 MB
Prezo: de balde / 3,30 € (pro)
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply