Entre o 5 e o 7 de outubro estivemos en Madrid, seguindo en directo SIMO Network 2010. Neste tempo, tivemos ocasión de asistir a varias presentacións de produtos e servizos, así como tamén de manter entrevistas con responsábeis de varias empresas que nos comentaron a que se dedicaban e os seus motivos para estar en SIMO.
Moitas páxinas de notas, moitas fotos e algún que outro vídeo. A feira, resumida en 10 minutos de vídeo resumo – trailer, gravado e editado coa axuda de Carmen Denébola.
Durante os vindeiros días iremos publicando unha serie de entradas nas que falaremos máis polo miúdo do máis chamativo da feira.
Moi bo traballo rapaces, agardaremos polo resto de entradas logo.