Mallando Eventos. SIMO Network 2010 (II): Vodafone

 

vodafone simo
Se nos segues no Twitter (se non, xa estás tardando :P), verías que cubrimos en directo as presentacións de Vodafone durante SIMO Network 2010. Foron un total de 3 eventos nos que a compañía británica presentou 2 smartphones, unha tablet e 2 novos servizos. Imos detallalos:
A Galaxy Tab
Ignacion Román, Director da Undidade de Negocio de Terminais de Vodafone, e Celestino García, Director da División de Telecom de Samsung Iberia, presentaron a Galaxy Tab, a primeira tablet que fabrica Samsung. Equipada co sistema operativo Android 2.2 (FroYo), a tablet conta cunha pantalla de 7 polgadas e pesa tan só 380 gramos, o que fai dela un dispositivo idóneo para a mobilidade, en contraposición con outras tablets maiores, de 9 ou 10 polgadas (léase, iPad), pensadas para un uso máis doméstico.
5071343170_18d75f6770_o
Conta con conectividade WiFi e 3G, cámara de 3 megapíxeles con flash LED (un pouco xusto para o que se ve a día de hoxe nos smartphones, non?), A-GPS, vídeo en alta definición, función teléfono… e todo o que queiramos engadirlle grazas ao basto catálogo de aplicacións do Android Market. Haberá dous modelos, un con 16 e outro con 32 GB de memoria, inda que esta poderá ser ampliada con tarxetas microSD.
galaxy tab orixinal
Sen cinguirse máis nas especificacións técnicas (que podedes consultar acó), farei unha análise máis subxetiva. Tiven a oportunidade de probala e a verdade é que houbo química entre nós: é moi lixeira (a metade que o iPad) e adáptase perfectamente á man. A súa pantalla é do tamaño axeitado para unha navegación por blogs e webs, e xa non digamos para consultar mapas ou disfrutar de vídeos.
Neste sentido, Samsung quere que se aproveite ao máximo a calidade da súa pantalla para reprodución multimedia, polo que puxo en marcha Samsung Movies, un servizo de alugueiro de filmes en streaming durante 24 horas, que probamos sobre a rede 3G de Vodafone e funcionou moi ben, sen cortes na reprodución.
Comentar que Vodafone lanzará a Galaxy Tab o 15 de outubro e terá a súa exclusiva durante un mes.
Vodafone Internet TV e Vodafone en tu casa táctil.
Os dous servizos presentados por Vodafone foron na liña de acadar o fogar conectado. O primeiro deles, Vodafone en tu casa táctil,  é un servizo de navegación básico por Internet vencellado á telefonía fixa de Vodafone que, a través dunha tablet de 7 polgadas deseñada pola operadora e Huawei (con patente española, non se distribúe noutros estados), permite realizar chamadas de voz, ver titulares de prensa, correo electrónico, reprodución de multimedia e información meteorolóxica, alén de poder funcionar como marco de fotos dixital. Distribuirase xunto con dous inarámbicos.
 vodafone en tu casa
Vodafone Internet TV
Con Vodafone Internet TV preténdese facer da televisión o centro de ocio do fogar, aproveitando as posibilidades da TDT, xunto coa reprodución de contidos multimedia situados en computadores, teléfonos móbiles, discos duros (multimedia ou non)… ou as canles de televisión á carta dispoñíbeis en Internet, como TVE á carta.
 vodafone en tu casa 2
O decodificador que ofrecerá Vodafone está adaptado á TDT de pago e alta definición, sendo o primeiro dispositivo que combina estas dúas características. Ademais, para poder disfrutar deste servizo tan só será preciso contar cunha conexión a Internet de banda larga (3 Mb mínimo, recomendábeis 6 Mb).
Entre as súas características máis destacadas están a gravación por defecto dende 3 horas antes ao momento actual, polo que podes, por exemplo, poñer en pause unha película que estás a ver, ir a facerte uns flocos de millo, volver e continuar dende ese punto e mesmo rebobinar.
Puidemos probar ambos servizos. Sobre Vodafone en tu casa táctil dicir que pode ser un servizo acaído para persoas maiores, dado que o funcionamento é moi sinxelo e obvio, demasiado sinxelo (e con funcións moi limitadas) para alguén que navegue habitualmente por Internet. Doutra banda, Vodafone Internet TV pintou bastante ben, xa que resulta moi cómodo dispor de todo o contido multimedia do fogar accesíbel dende un único aparello. O que si, o decodificador de televisión non conta con disco duro interno, polo que é preciso contar con un que poderemos conectar vía USB, por exemplo
Preguntados pola inminente chegada de GoogleTV, dende Vodafone comentaron que non lles parece unha competencia directa, xa que o produto de Google inda vai tardar en chegar a España e, en principio, non está adaptado ao consumo de televisión do mercado español.
HTC Desire HD e HTC Desire Z
Finalmente, presentáronse dous modelos de smartphones moi agardados: o HTC Desire HD e o HTC Desire Z, ambos con Android 2.2 e cun evolucionado HTC Sense 2.0 con novidades como HTCSense.com, unha gama de servizos conectados chamados a facilitar a experiencia de usuario.
Así, sobre o Android 2.2 base, HTC inclue novas características como FastBoot (reinicio rápido en 5 segundos), a posibilidade de etiquetar amigos nas fotos que se suben a Facebook, un flip para ver as 7 pantallas nunha soa, HTC Locations (mapas sen conexión, de balde e accesíbeis en roaming), efectos de cámara, melloras no cambio de pestanas no navegador…
Outra característica do HTCSense.com que chamou moito a atención é a seguridade. Dende a web, poderemos ter 4 níveis de alerta para casos de pérdida do noso terminal:
  • Alerta azul. Pensada para cando non sabemos onde temos o noso móbil. Dende o computador poderemos ver a súa posición aproximada (por GPS) e facer que soe, inda que o tivéramos en silencio.
  • Alerta amarela. Para cando olvidamos o teléfono na casa. Poderemos ver dende a web as chamadas perdidas, sms… e facer desvíos.
  • Alerta ámbar: Esta alerta está pensada para cando perdemos o noso móbil e queremos mandarlle unha mensaxe á “alma caritativa” que o atope. Bloquéase o teléfono e facemos que apareza na pantalla a mensaxe que queiramos, e mesmo podemos configurar un botón para que nos chamen directamente.
  • Alerta vermella: a definitiva. Cando non funciona a ámbar, facemos un borrado total do que hai no teléfono.

htc desire

HTC Desire HD
Ten pantalla de 4,3 polgadas e son Dolby Mobile. Grava vídeo en alta resolución de 720p. Ten unha cámara de 8 megapíxeles con doble flash… máis características acó
HTC Desire Z
Conta con teclado Qwerty con accesos directos e teclas personalizábeis. Grava tamén vídeo en 720p, pero a súa cámara é de 5 megapíxeles cun único flash… máis características acó
Pero imos coas impresións: despois de cacharrear con ambos, teño que dicir que as impresións son case que inmellorábeis en dous terminais de moi altas prestacións. O Desire HD resulta moi cómodo para o contido multimedia e a lectura, mais tamén é certo que para o meu gusto quizais sexa algo pesado de máis. Sen embargo, o Desire Z pareceume moito máis cómodo, e o feito de contar cun teclado físico (ademais con teclas configurábeis) é de agradecer.
De calquera xeito, ambos os dous terminais son altamente recomendábeis. Vodafone terá a exclusiva de ambos até despois da campaña de Nadal, a partires de aí libres.
Multimedia

Sobre o autor

No Responses

Reply