Menéame no teu Android

O portal de novas Menéame está accesíbel a través do teu Android grazas a aplicación homónima.
Trátase dunha ferramenta moi sinxela, que conta conta na súa pantalla principal con 3 pestanas: novas, en cola e comentarios.
  • Novas: vemos as novas da portada de Menéame, co seu resumo e ligazón á nova completa.
  • En cola: é onde están as novas pendentes de menear.
  • Comentarios: amosa os últimos comentarios
Pulsando un anaco sobre unha nova determinada, podemos ver información detallada, abrir a páxina en Menéame, menear ou compartir a través das diferentes aplicacións de Android (Twitter, Gmail, Facebook, SMS…)
Accedendo ao menú temos acceso á configuración da nosa conta en Menéame, imprescindíbel para menear, así como algunha outra configuración, como o refresco ao lanzar ou a amosar a lista invertida.
Tamaño instalada: 480 KB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply