Twitter oficial, Seesmic, Twidroyd… e agora, e tras un pequeno paréntese, continuamos coa análise de diferentes aplicacións para Android con Tweetdeck, a sonada aplicación de escritorio que chega agora a Android, e faino pisando forte.
Nesta entrada analizarémolo dende a perspectiva dun xestor de conta de Twitter, se ben é certo tamén admite engadir contas doutras redes sociais: (Facebook, Buzz e Foursquare).
Segundo instalamos a aplicación, ao abrila por vez primeira pediranos a configuración da(s) nosa(s) conta(s). Neste sentido, sinalar que resulta moi práctico poder configurar 2 ou máis contas de Twitter, por exemplo
Feito isto, entraremos ao noso Timeline, que se nos presenta con catro botóns na parte inferior (Novo tweet, perfís, un ‘+’ para engadir columnas e unha brúxula para ver a situación no mapa).
Interesante do Timeline de Tweetdeck é que segundo nos imos desprazando polos tweets amósanos na parte superior as horas ás que foron publicados. Clicando sobre claquera deles abrirásenos nunha nova pantalla, dándonos opción a responder, retweetear, engadir a favoritos, traducir, compartir…).
A través do menú de configuración atopámonos as opcións habituais: refrescar, opcións de avisos e actualizacións, xestión de contas…
Mais, o punto forte de Tweetdeck son sen dúbida as columnas: desprazándonos horizontalmente poderemos acceder a unha segunda pantalla coas mencións e a unha terceira coas mensaxes directas.
Mais isto non é todo: pulsando o botón “+” poderemos seguir aumentando as columnas ( = pantallas) con favoritos, listas… e configurando cada unha delas como queiramos (avisos, intervalo de actualización…)
Se temos varias contas, as columnas poden ser das diferentes contas. Ademais, á hora de crear un novo tweet, dásenos a posibilidade de escoller con que conta queremos actualizar: conta1, conta2, ambas á vez…
Conta con 3 gadgets de escritorio, dous horizontais e un de columna con opcións de composición de novo tweet.
Vantaxes:
– Xestión multiconta
– Comodidade das columnas
Desvantaxes
– Pouco visual
– Gadgets de escritorio pouco funcionais
Na web de Tweetdeck para Android podedes ver como funciona.
Tamaño instalada: 1,41 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación: