Aplicacións de Twitter para Android (e V): Hootsuite

Rematamos esta comparativa de aplicacións de Twitter para Android (ver oficial, Seesmic, Twidroyd e Tweetdeck) con Hootsuite.
O primeiro que nos pide Hootsuite ao iniciarse é que iniciemos sesión coa nosa conta de Hootsuite (se non temos, poderemos darnos de alta nese mesmo momento a través da propia aplicación). Unha vez feito iso, xa poderemos engadir as nosas contas de redes sociais (Twitter ou Facebook). Logo de abrir sesión, atopámonos cunha xanela na que se nos amosan as seguintes opcións:
  • Mensaxes: o noso timeline.
  • Mencións: os tweets que nos mencionan.
  • Directos recibidos: mensaxes directos que nos envían.
  • Directos enviados: mensaxes directos que enviamos.
  • Enviados: os nosos tweets.
  • Favoritos: os tweets que temos marcados como favoritos.

Vista do timeline en Hootsuite

Estando no noso timeline aparécenos na parte superior unha icona que nos dá a posibilidade de redactar un novo tweet. Ademais posúe pesatanas de movemento horizontal, para desprazarnos entre as diferentes xanelas (mensaxes, mencións…)
En canto ás configuracións, nada destacábel: ten os axustes básicos de intervalo de actualización, étc.
Vantaxes:
  • Multiconta
  • Estatísticas das ligazóns publicadas a través de Hootsuite (sempre que se xeren coa aplicación).
Inconvintes:
  • Non ten widget.
  • Pouco práctico.
Tamaño instalada: 1,64 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply