Fonyou é un servizo novidoso que che ofrece un número de balde (previo convite, se queredes un ou máis info avisade!) para que poidas facer/recibir chamadas con el, sen ter que dar o teu número real en sitios – ou a xente – que non che inspiren demasiada confianza. Permite, entre outras cousas, interesantes configuracións antispam ou facer chamadas internacionais a prezo das estatais (grazas Vítor por este último detalle!)
O xeito de facer chamadas era, até o de agora, un tanto complicado: había que chamar ao noso número FonYou, marcar o PIN, escoller a opción de chamar nun menú e, finalmente, marcar o número. Este proceso podíase alixeirar modificando os contactos da nosa axenda con toda a ristra de números de marcación previa.
Mais agora, grazas a Phonecard Express, o proceso simplifícase notabelmente e non temos que mudar nada na axenda. Trátase dunha aplicación desenrolada por xente allea a FonYou.
Unha vez descargamos Phonecard Express, levamos a cabo as seguintes configuracións:
- Entramos no Menú -> Preferences
- Entramos en “Calling Number Delimiter”, seleccionamos “P” e confirmamos.
- Entramos en “Define + Handler”, seleccionamos “for international numbers, replace ‘+’ with 00”.
- Vóltase á pantalla de inicio da aplicación.
- Entramos en Menú -> Add Phonecard.
- Configuramos a tarxeta (ver os datos na imaxe 2) e confirmamos. *Nota: se temos desabilidado o PIN de chamada, deixaremos o campo en branco.
- Escollemos o contacto na axenda e selecciónase chamar.
Imaxe 1: Configuracións pasos 1, 2 e 3
Imaxe 2: Configuracións pasos 5, 6 e 7
Tamaño instalada: 484 kB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Fonte: Fonyou
É só para smart-phones ou hai versións para móbiles menos listos?
A aplicación é só para smartphones, mais o servizo de Fonyou vale para calquera.
Basicamente, o servizo consiste en que Fonyou dáche un número móbil que podes desviar ao teu móbil real, fixos etc.. É interesante se non queres dar o teu número real 🙂