Aplicación para levar o control da menstruación ou do uso da pílula en Android

Hoxe traemos unha curiosa aplicación para Android. Trátase de My Days, e grazas a ela é posíbel levar o control de todo o relacionado coa menstruación.
Vista da aplicación

Unha vez inicializada a aplicación, pódese seleccionar o día de inicio do período, e a partires de aí marcará a súa duración, os días máis fértiles (calculados co Método Ogino) e a data de inicio do seguinte.
Alén diso, ofrece a posibilidade de marcar no calendario notas predeseñadas (‘Sexo’, ‘Pastilla tomada’ para levar o control da pílula…) ou personalizábeis.
Tamaño instalada: 416 KB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply